Rato de laboratorio

O rato de laboratorio branco (albino) é un organismo modelo icónico da investigación científica nunha variedade de campos.
Un rato con inmunodeficiencia combinada grave (non humana), SCID.
Rato con pelame de cor intermedia.
Rato de laboratorio tido como animal de compañía.

O rato de laboratorio é un pequeno roedor que se cría e usa fundamentalmente para a investigación científica, que xeralmente pertence á especie Mus musculus (rato doméstico). Son os animais mamíferos máis utilizados en investigación como organismo modelo en campos como a xenética, fisioloxía, psicoloxía, medicina e outras disciplinas científicas. Non sempre son brancos; depende da cepa. Os ratos pertencen ao clado dos animais Euarchontoglires, nos que se inclúe tamén o ser humano. Esta relativamente estreita relación, asociada cunha alta homoloxía cos humanos, xunto coa súa facilidade de mantemento e manipulación e a súa alta taxa de reprodución, fai que os ratos sexan modelos especialmente axeitados para investigacións orientadas ao ser humano. O xenoma do rato de laboratorio foi secuenciado e moitos xenes do rato teñen homólogos no xenoma humano.[1] O rato de laboratorio véndese tamén nas tendas de animais como alimento vivo para as serpes mantidas en catividade e pode tamén terse como animal de compañía.

Outras especies de rato ás veces tamén se usan como rato de laboratorio, entre as que están as especies americanas Peromyscus leucopus e Peromyscus maniculatus.

  1. "MGI — Biology of the Laboratory Mouse". Informatics.jax.org. Consultado o 29 de xullo de 2010. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search